Teresa Gutiérrez, directora de Augas de Galicia, compareceu na Comisión 3ª do Parlamento para informar sobre os orzamentos deste departamento para 2020, que se incrementan nun 10 % e suman máis de 100 millóns de euros que permitirán reforzar o apoio aos concellos nas súas competencias de saneamento e abastecemento, entre os que subliña unha partida de 50,8 M€ que permitirá continuar ou rematar proxectos que mellorarán o saneamento das rías galegas, como no caso do da Malata, en Ferrol; o de Pontedeume ou o de Rianxo
Destaca o inicio das obras da EDAR de Viveiro, as actuacións de saneamento en Cabanas ou a mellora da depuradora de Praceres e o emisario submarino
Salienta melloras dos sistemas de saneamento do rural de Ferrol, Padrón, Porto do Son, Boimorto ou Baños de Molgas e do abastecemento en Ribadeo, Vilamarín, A Estrada, Valga, Betanzos, Noia ou A Cañiza, entre outros
Apunta o investimento de 20,4 M€ na explotación de 29 depuradoras ou no servizo de abastecemento aos concellos da marxe dereita da ría de Arousa
Detalla un orzamento de 11,7 M€ dirixido ao estudo dos encoros de Galicia- Costa, ao Plan de control de vertidos ou aos traballos de conservación fluvial
No eido lexislativo, precisa o avance na Lei de garantía do abastecemento en episodios de seca e en situación de risco sanitario para adaptar a xestión da auga ao cambio climático e responder de xeito áxil ante estas circunstancias
Tamén destaca a creación dun ente de xestión da auga para ofrecerlles aos concellos colaboración para que teñan unha explotación profesional dos seus servizos hidráulicos, abaraten custos e garantan a calidade das prestacións.
Máis información: https://augasdegalicia.xunta.gal/novas?content=nova_estandar44415.html