A Cátedra Emalcsa-UDC vén de ampliar o prazo de presentación de propostas para a segunda edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC. Nun principio o prazo remataba o 30 de novembro pero decidiuse amplialo ata o 15 de xaneiro de 2022 para que os estudantes teñan algo máis de tempo para preparar as súas candidaturas.
Estes premios están dirixidos a estudantes ou titulados de Grao que teñan presentado o seu Traballo Fin de Grao (TFG), e a estudantes ou titulados de Máster que teñan presentado o seu Traballo Fin de Máster (TFM), en titulacións da Universidade da Coruña no curso académico 2020/21.
Nesta convocatoria a temática dos traballos é aberta e multidisciplinar para dar acollida ao maior número de traballos vencellados a auga dende calquera eido do coñecemento.
Outorgaránse dous premios de 1.000 euros aos mellores Traballos Fin de Grao e Traballos Fin de Máster, un en cada categoría, ademáis de dous accésit de 500, un en cada categoría.
O xurado dos premios estará composto por membros do Comité Científico Técnico da Cátedra Emalcsa-UDC.
A inscrición nesta segunda edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC, así como o envío de traballos realizarase, exclusivamente, vía telemática, a través deste formulario web.
Velaquí as bases da convocatoria.
Dudas e consultas: secretaria@catedraemalcsa.com