Cajamar Innova abre a súa primeira convocatoria para incubación e aceleración de proxectos empresariais en torno á tecnoloxía, a auga e a súa xestión. Arrincan con tres programas:
A duración estándar é de 6 meses para cada programa, excepto no caso do programa de incubación de longa duración, que é de 12 meses. Trátase de programas semipresenciais, onde os proxectos seleccionados terán, ademáis do seguimento personalizado, a posibilidad de acceder a especialistas en diversas ramas da xestión e da tecnoloxía. Asimesmo, coñecerán potenciais inversores e clientes e poderán acceder a infraestruturas, recursos, soporte técnico e tecnolóxico dos centros experimentais da Fundación Cajamar para o desenvolvemento e validación dos seus prototipos e pilotos para facilitar o éxito das súas iniciativas.
Para o desenvolemento destes programas contaron coa colaboración de Barrabes.biz, unha das consultoras de innovación máis coñecidas do noso país, con ampla experiencia no apoio ao ecosistema emprendedor nacional e internacional a través do deseño e implementación de programas de aceleración e de open innovation, entre outros.
A selección final das empresas terá lugar entre os días 16 e 17 de marzo, estando previsto o inicio dos programas en abril.
Calquer dúbida, contacta en cajamarinnova@fundacioncajamar.com