O Campus Sustentabilidade, en colaboración coa Asociación para a Sostenibilidade e o Progreso das Sociedades (ASYPS) e Ecoembes, puxo en marcha o curso semipresencial “A economía circular no marco da Axenda Mundial 2030 e o cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable Nº12”.
A formación, totalmente gratuíta e cunha duración de 40 horas lectivas ao longo de cinco semanas, está dirixida tanto ao alumnado de grao e mestrado matriculado no curso 2018/2019 como ao profesorado da Universidade da Coruña.
Os seus contidos, estruturados en dúas partes, ofrecen un enfoque teórico e metodolóxico holístico da economía circular en interacción cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
A primeira xornada deste curso celebroúse o pasado 22 de febreiro na facultade de Dereito da Universidade da Coruña. As ponencias dividironse en duas partes, unha primeria parte do curso baseada no Marco Conceptual da Economía Circular, e unha segunda parte baseada en Aspectos específicos da Economía Circular. Entre os ponentes cabe salientar a presencia do Director da Catedra Emalcsa-UDC Joaquín Suárez López, nesta ponencia reflectiu a relación entre a Economía circular e o Deseño Urbano Sostible o Auga.
Ponencia Joaquín Suárez:
INTRO ECONOMÍA CIRCULAR-AGUA-ponencia JSuárez
O programa do curso de dito día foi o seguinte: