A Coruña é a primeira cidade de Galicia e a octava de España que acada, nestes intres, un maior grao de cumprimento do Obxectivo de Desenvolvemento Sostible 6 (Auga Lima e Saneamento). Así o apunta un estudo elaborado pola consultora catalana IdenCity no que se analiza en qué situación se atopan as 52 capitais de provincia e as dúas cidades autónomas de España no que respecta a acadar cada un dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030 de Nacións Unidas.
Segundo este informe as cuatro capitais de provincia galegas figuran entre as mellor posicionadas no ODS6. De feito, cun 66%, acadan un grao de cumprimento neste obxectivo nove puntos superior á media das 54 cidades avaliadas. Entre elas, a mellor posicionada é A Coruña, seguida de Pontevedra, Ourense e Lugo.
As 15 cidades cun maior grao de cumprimento no ODS6, segundo o Índice ODS elaborado por IdenCity, son, por esta orde:
A Coruña só está mellor posicionada no ODS 4-Educación de Calidade (3ª) e o ODS5-Igualdade de Xénero (6º).
O Índice ODS de IdenCity é unha ferramenta cuxo obxectivo é determinar en qué situación se atopan as 50 capitais de provincia de España e as súas dúas cidades autónomas no que respecta ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU e as súas respectivas metas, ademáis de servir de guía para o seu seguemento ata o 2030.
Para determinar este índice, segundo os responsables do estudo, utilízanse bases de datos actualizadas de fontes oficiais que cumpren cos criterios de calidade e fiabilidade esixidos.