A Comisión Europea puxo hoxe 24 de marzo en marcha Open Research Europe, unha plataforma de publicación de documentos científicos á que se pode acceder libremente. A plataforma presentará os resultados das investigacións financiadas en todos os ámbitos temáticos da ciencia, a tecnoloxía, a enxeñaría e as matemáticas, así como das ciencias sociais, as artes e as humanidades por Horizonte Europa, o programa de investigación e innovación da UE para 2021-2027, e polo seu predecesor, Horizonte 2020.
Open Research Europe proporcionará acceso gratuito aos descubrimentos científicos maís recentes tanto aos investigadores como aos cidadans en xeral. A plataforma é un servizo opcional destinado aos beneficiarios de Horizonte Europa e Horizonte 2020, para que poidan cumplir o requisito de ofrecer inmediatamente un acceso aberto as suas investigacións sen que lles supoña ningún custo.
Xa se presentaron aproximadamente 40 documentos científicos pertencentes a campos de investigación moi diversos, que se atopan a disposición da comunidades científica para a súa lectura e revisión.
Apoiar a ciencia aberta e a transparencia no proceso de publicación científica
Open Research Europe proporcionará aos investigadores un espazo de publicación no que poderán compartir rápidamente os seus resultados e coñecementos, e facilitará que se entablen debates abertos e construtivos no ámbito da investigación. A plataforma dispón dunha amplia gama de parámetros para medir o impacto científico e social dos artigos e proporcionar información sobre a súa empregabilidad e a súa reutilización.
Ao asumir este novo papel, la Comisión ten a intención de predicar co exemplo apoiando activamnete as prácticas relacionadas coa ciencia aberta e promovendo a transparencia no proceso de publicación. O seu obxectivo é servir de inspiración a outros patrocinadores, en particular a nivel nacional, para que fagan o mesmo. Mediante a integración de Open Research Europe en Horizonte 2020 e Horizonte Europa, a Comisión impulsa a comunicación académica a un novo nivel de solucións innovadoras.