A Cátedra Emalcsa-UDC colabora na organización dun seminario que servirá para conmemorar o Día Europeo da Rede Natura 2000, que este ano coincide co 30 aniversario do Programa Life. A xornada celébrase no marco do proxecto Life Fluvial, no que participa como socio Emalcsa e que ten como obxectivo mellorar o estado de conservación de corredores atlánticos fluviais da Rede Natura 2000. O seminario está organizado por outros dous socios do Life Fluvial: a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo e o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (Ibader) e terá lugar o 26de maio na sede do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida), ubicada no castelo de Santa Cruz (Oleiros).
Moisés Canle, director da Cátedra Emalcsa-UDC moderará un dos tres bloques no que se divide o seminario. Neste, o presidente do Grupo Naturalista Hábitat, Ricardo Ferreiro, analizará a situación da fauna do encoro de Cecebre, unha das zonas de actuación do Life Fluvial; Catherine Farrel, investigadora do Trinity College de Dublín (Irlanda), participará de xeito online para explicar os traballos de restauración de hábitats que se están a facer no marco do proxecto Life on Machair; Pedro Pablo Gallego, catedrático de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo da Universidade de Vigo, falará da xeración de plantas en actuacións de restauración ambiental; e finalmente, José Antonio Fernández Bouzas, director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, expoñerá o programa Life Insular que se está a desenvolver en diferentes illas atlánticas da Rede Natura 2000 e que ten como obxectivo a restauración das dunas grises e breixeiras secas europeas.
Podedevos inscribir aquí.
Velaquí tedes o programa do seminario:
10:00 -10:30 h.: Apertura e presentación da xornada
D. Carlos Vales Vázquez. Director do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
Dna. Esther Fontán Prado. Concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade do Concello da Coruña.
D. Fernando Ron Currás. Xerente Territorial de Tragsatec Galicia, Asturias e Cantabria.
D. José Antonio Santiso Miramontes. Presidente Reserva Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
BLOQUE 1
Modera: D. Ricardo Vázquez Pérez . Director IDi EMALCSA
10:30-10:50 h. LIFE FLUVIAL. Actuacións de restauración en corredores fluviais
D. Javier Ferreiro da Costa. Investigador do IBADER (Universidade de Santiago de Compostela).
10:50-11:10 h. Actuacións de restauración en humidais asociados a corredores fluviais.
D. Pablo Ramil Rego. Director do IBADER (Universidade de Santiago de Compostela).
11:10-11:30 h. Pausa café
BLOQUE 2
Modera: D. Moisés Canle López . Director Cátedra Emalcsa-UDC.
11:30-12:05 h. Situación Actual do estado da fauna no Encoro de Abegondo-Cecebre e inventario histórico.
D. Ricardo Ferreiro Sanjurjo. Presidente Grupo Naturalista Hábitat.
12:05-12:30 h. LIFE On Machair: Protecting and restoring lreland’s network of machair systems and associated breeding wader and pollinator communities (intervención online).
Dna. Catherine Farrell. Trinity College Dublin, Natural Capital lreland, Community Wetlands Forum
12:30-12:55 h. Xeración de planta para actuacións de restauración ambiental.
D. Pedro Pablo Gallego Veigas. Catedrático de Bioloxía Vexetal e Ciencias do Solo (Universidade de Vigo).
12:55-13:20. LIFE Insular: estratexia integral para a restauración de hábitats en illas Natura 2000 do océano Atlántico.
D. José Antonio Fernández Bauzas. Director do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das lllas Atlánticas de Galicia.
BLOQUE 3
Modera: D. Jorge Blanco Ballón. Xestor Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
13:20-14:00 h. Mesa redonda ‘Gobernanza en Rede Natura 2000 e Reservas de Biosfera’.
Dna. Teresa María Gutiérrez López. Directora do Organismo Autónomo Augas de Galicia.
D. Alberto de Anta Moreno. Comisario de Augas Adxunto da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. LIFE Regenera-Limia.
D. Carlos Gil Villar. Conselleiro Técnico Demarcación Costas A Coruña. Ministerio Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
D. Ricardo Ferreiro Sanjurjo. Presidente Grupo Naturalista Hábitat.
14:00-15:30 h. Pausa xantar.
15:30-18:00 h. Visita guiada ás áreas de restauración do proxecto LIFE Fluvial na provincia da Coruña.
18:30. Regreso a Santa Cruz e finalización da xornada.