A Cátedra Emalcsa-UDC participará de novo na Openscience Cambre 2021, unha feira científica cuxo principal obxectivo é achegar a ciencia á cidadanía dun xeito moi didáctico e atractivo. Organizado polo Clube de Ciencia do Instituto de Ensino Secundario David Buján XentD100cia e o Concello de Cambre, este evento, entre cuxos patrocinadores figura Emalcsa, celebrarase os días 18 e 19 de setembro. Este ano estará marcado, como en 2020, pola pandemia, ainda que en menor medida. Así, mentres que o ano pasado desenvolveuse de xeito online, este faráo de xeito semipresencial.
A Cátedra Emalcsa-UDC contará cun stand propio no que se presentarán cinco curiosos experimentos que amosarán as propiedades físico-químicas da auga. Ademais, Emalcsa instalará unha serie de fontes de auga conectadas á rede pública e agasallará con botellas reutilizables a todos os participantes. Deste xeito, a OpenScience Cambre converterase un ano máis nun evento libre de plásticos e comprometido co medio ambiente e a protección da biodiversidade.
A parte presencial da feira terá lugar en dous escenarios: o Parque da Igrexa e o colexio Wenceslao Fernández Flórez nun horario ampliado con respecto á última edición (sábado de 12.00 a 24.00 horas e domingo de 12.00 a 20.00 h.). Pola súa banda, varias actividades retransmitiránse en aberto por streaming a través da canle de Twich do clube de ciencias do instituto David Buján, XentD100cia, que organiza a feira.
Esta edición contará con 34 stands fronte aos 107 da de 2019, a última presencial, e reunirá na súa páxina web proxectos de estudantes de Ecuador, México, Romanía, Lituania, Macedonia e de diferentes puntos de España. O que non mudará son as diferentes actividades científicas das que poderán gozar os visitantes, eso sí, previa inscrición na web da feria ou nalgunha das tres casetas informativas que terán a súa disposición.
A organización da feria entregará tres premios principais -Primaria, Secundaria e Bacharelato- e un a cada obxectivo de desenvolvemento sostible que se inclúa nos proxectos.