A Cátedra Emalcsa-UDC, xunto á Cátedra de Dereito Local, organizan para o vindeiro 27 de maio unha xornada para debater e analizar o impacto da nova lei do ciclo integral da auga nos concellos. O evento, no que colaboran a Deputación da Coruña e a Fundación Ingeniería Agronómica para el desarrollo de Galicia, terá lugar no salón de graos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña.
Nun escenario cada vez más adverso desde o punto de vista climatolóxico a auga como recurso produtivo e como obxecto de consumo humano é estratéxica. Isto obriga aos poderes públicos a abordar a regulación do ciclo hídrico completo sobre o cal teñen competencias compartidas a Xunta de Galicia e os concellos.
Esta xornada ten como obxectivo analizar os desafíos que presenta para os poderes públicos a xestión do ciclo integral da auga, obxecto dunha nova lei galega, así como explicar, entre outras cousas, as novidades da nova normativa e de que xeito afectarán ás actuais competencias dos concellos.
Velaquí tedes o programa do evento:
9:30: Presentación e Inauguración da Xornada a cargo dos directores da Cátedra de Dereito Local, Carlos Amoedo, e da Cátedra Emalcsa-UDC, Moisés Canle; a alcaldesa da Coruña e presidenta de Emalcsa, Inés Rey; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia, Ethel Vázquez.
10:00: ‘A xestión integral do ciclo da auga na era do cambio climático: problemas e perspectivas’. Joaquín Suárez López, profesor de Tecnoloxías do Medio Ambiente (departamento de Enxeñería Civil) da Universidade da Coruña e investigador do Grupo Enxeñería da Auga e do Medio Ambiente (Geama).
11:00: Mesa 2: ‘A formalización xurídica da xestión integral da auga: unha visión comparada’.
Francisco Delgado Piqueras, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade de Castilla-La Mancha.
12:30: Mesa 3. ‘A realidade da xestión da auga en Galicia, entre os concellos e a Xunta de Galicia’.
16:30: Mesa 4. ‘Tres visións xurídicas sobre a nova Lei do Ciclo Integral da Auga’.
18:00. Mesa 5. ‘Visións políticas sobre a nova Lei do Ciclo Integral da Auga e a súa implementación’.