O derradeiro trimestre de 2021 e o primeiro mes de 2022 foron dunha intensa actividade na Cátedra Emalcsa-UDC. De feito, neste periodo de tempo participou na elaboración de ata catro proxectos que se presentarán aos programas europeos Horizonte Europa e Life cós obxectivos de captar fondos para desenvolver estas ambiciosas iniciativas, proxectar internacionalmente a Cátedra e xerar un ecosistema interdisciplinar para a investigación no eido da auga. Os proxectos presentados están relacionados coa mellora dos procesos de xestión da auga desde a óptica da sostibilidade, tal e como establece o plantexamento estratéxico da Cátedra Emalcsa-UDC.
As catro propostas que, de ser financiadas, supoñerían unha inversión de máis de 18 millóns de euros, están lideradas desde a dirección da Cátedra Emalcsa-UDC. En dúas delas o socio será Emalcsa e nas outras dúas a Universidade da Coruña. O criterio seguido para esta elección é a temática de cada proxecto e as necesidades estratéxicas para desenvolvelo. Deste xeito, e para dar o máximo valor á proposta presentada, nuns casos considerouse máis relevante a participación da empresa e noutros a da universidade.
Tres dos proxectos presentáronse ao programa Horizonte Europa e un ao programa Life. Son os seguintes:
-Proxecto Water2Tap. Está liderado por Augas de Valencia, ten un orzamento de 2,4 millones de euros e conta con 10 socios de 4 países europeos. O seu obxectivo é mellorar a percepción da calidade da auga que ten a cidadanía e fomentar o uso da auga da billa para consumo humano como factor de sostibilidade.
-Proxecto Aquasim. O Instituto Rise, de Suecia, encabeza este proxecto que ten un orzamento de 4 millones de euros e conta con 13 socios de 8 países europeos. Esta proposta busca incrementar o coñecemento sobre aqueles aspectos que poden alterar a calidade da auga nas redes de distribución.
-Proxecto Montrade. Está liderado polo centro tecnolóxico Cyric, de Chipre, dedicado á investigación e innovación nos eidos da enxeñería, a electrónica, comunicacións e solucións de software. Conta cun orzamento de 4 millóns e 12 socios de 8 países europeos. O seu obxectivo é mellorar a tecnoloxía relacionada coa monitorización da calidade da auga natural, os mecanismos de prevención e o deseño de sistemas que apoien a toma de decisións no eido dos sistemas de auga.
-Proxecto Aquatellus. O Instituto Tyndall, de Irlanda, lidera este proxecto, que conta cun orzamento de 4,2 millóns e 13 socios de 8 países europeos. Tamén ten un piloto de ensaio en Brasil. O proxecto aposta polo desenvolvemento e integración de tecnoloxías de sensorización para a monitorización de distintos parámetros, así como polo desenvolvemento de ferramentas para o procesado de información e o apoio á toma de decisións.
Nos vindeiros meses os organismos competentes analizarán os proxectos e decidirán si a Unión Europea aporta a financiación solicitada.
Nestes momentos, a Cátedra está a traballar en novas iniciativas no marco do programa Horizonte Europa (estánse elaborando dúas novas propostas relacionadas coa aplicación de técnicas de Intelixencia Artificial) para a mellora dos servizos, así como no desenvolvemento dunha estratexia para o PERTE que o Gobierno vai poñer en marcha para o sector da auga co financiamento a cargo do programa de Restauración e Resiliencia de fondos europeos.