A Cátedra Emalcsa-UDC vén de convocar a segunda edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC. Estes galardóns diríxense a estudantes ou titulados de Grao que presentasen o Traballo Fin de Grao (TFG) e a estudantes ou titulados de Máster que presentasen o Traballo Fin de Máster (TFM) en titulacións da Universidade da Coruña no curso académico 2020/21.
O eido temático dos traballos desta convocatoria é totalmente aberto e multidisciplinar co gallo de acoller o meirande número de traballos vencellados ao auga desde calquera eido de coñecemento.
Cartel segunda edición Premios Cátedra Emalcsa-UDC
Outorgaránse dous premios de 1.000 euros aos mellores Traballos Fin de Grao e Traballo Fin de Máster (un en cada categoría), ademais de dous accésit de 500 (un en cada categoría).
O xurado dos premios estará formado por membro do Comité Asesor Científico Técnico da Cátedra Emalcsa-UDC que se anunciarán antes do peche da convocatoria.
A data límite para a recepción de traballos será o 30 de novembro de 2021.
A inscrición nos Premios Cátedra Emalcsa-UDC, así como o envío de traballos realizarase, exclusivamente, vía telématica a través dun formulario web.
Dúbidas e consultas: secretaria@catedraemalcsa.com
Nova relacionada:
Pilar Sánchez Cid e Marta Sánchez Núñez gañan a primeira edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC