A Cátedra Emalcsa-UDC vén de poñer en marcha esta semana un portal de Internet que aglutina diferentes recursos, ferramentas e coñecementos sobre o sistema de auga urbano da Coruña. Faino para poñelos a disposición dos ciudadáns e que éstes podan acceder de xeito sinxelo a información relevante sobre o sistema de auga urbano da cidade e a súa área metropolitana.
Todo o que entre en catedra.emalcsavirtual.es atopará cinco apartados:
Sistema de Auga Urbano. Aquí se explica este concepto, máis amplo que o de ciclo urbano da auga que se emplea asiduamente. E é que o sistema de auga urbano refírese, non só ao servizo que se lle presta ao cidadán senón a que este servizo se presta de xeito respectuoso co Medio Ambiente. Este apartado tamén inclúe unha interesante infografía animada.
Instalacións. Aquí se poderá facer unha visita virtual a instalacións capitais no sistema de auga urbano da Coruña. Deste xeito, o usuario, desde unha simple computadora, tableta ou smartphone poderá visitar a presa de Cecebre, as estacións de tratamento de auga potable da Telva (Cambre) e Cañás (Carral), ou os depósitos de Eirís, O Ventorrillo ou Vío desde os que se bombea auga a diferentes puntos da Coruña.
Parque Virtual Emalcsa. Neste apartado poderase acceder a un espazo que permite facer un percorrido a través de imaxes antigas pola centenaria historia de Emalcsa. Tamén se atopan as ilustracións que participaron nas diferentes edicións do concurso ‘Vida Silvestre do encoro de Cecebre’ que organiza desde hai xa varios anos o Grupo Naturalista Hábitat coa axuda de Emalcsa. No Parque Virtual Emalcsa os usuarios tamén terán oportunidade de visitar a exposición ‘Fuentes, estanques y lavaderos’ basada no libro ‘El agua en A Coruña: fuentes, estanques y lavaderos’ que publicou Emalcsa en 2015. Por último, este apartado tamén permite coñecer os diferentes proxectos de innovación desenvolvidos polo departamento de I+D+i de Emalcsa desde a súa creación en 2013.
O Xogo da Gota. Baixo este epígrafe atópase a versión online do xogo sobre o que se cimenta o proxecto educativo ‘A Auga non Para’. Impulsado por Emalcsa, xunto á Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, esta iniciativa ten como obxectivo ensinar aos alumnos de 5º e 6º de Primaria da Coruña e a súa contorna, dun xeito ameno, os diferentes usos da auga, os ecosistemas asociados á cunca do río Mero ou a relevancia do encoro de Cecebre como lugar de extraordinaria riqueza ecolóxica e pilar do abastecemento da auga á Coruña e a súa área metropolitana, así como os procesos de potabilización, distribución e saneamento aos que se somete a auga para garantir a súa calidade. A Fundación Botín outorgou a este proxecto un dos seus premios á sostibilidade en 2021.
Concurso de vídeos do Día Mundial da Auga. É o lugar no que se atopan os vídeos que participen no concurso ‘Agua en un minuto’ que Emalcsa puxo en marcha en 2021 e que se celebrará todos os anos. O CEIP Raquel Camacho da Coruña foi o gañador da primeira edición.
Pero catedra.emalcsavirtual.es é un espazo vivo que irá crecendo con novas aportacións en forma de novas exposicións, concursos ou recursos. Deste xeito pretendemos poñer recursos relacionados co sistema de auga urbana da Coruña a disposición dos docentes para que os podan utilizar nas súas aulas, informar e concienciar á sociedade sobre a importancia que ten a agua e achegar á cidadanía as actividades da Cátedra Emalcsa-UDC.