A I edición dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC conta con 29 candidatos da comunidade universitaria que presentaron a súa candidatura aos mellores Traballos de Fin de Grao e Traballo de Fin de Mestrado en titulacións da Universidade da Coruña.
O obxectivo dos Premios Cátedra Emalcsa-UDC é fomentar o coñecemento e a reflexión sobre diferentes aspectos da xestión sostible da auga na comunidade universitaria, e máis en concreto, nos estudantes que finalizan a súa etapa de formación.
Están divididos en duas categorías, a categoría de Fin de Grao e de Traballo de Fin de Mestrado. O gañador de cada categoría gañará un premio de 1.000 euros, asimesmo concederase un accésit en cada unha das categorías de 500 euros.
A totalidade dos traballos presentados foron aceptados ao concurso, 14 na categoría TFG e 15 na categoría de TFM.
O tribunal dirixido polo Catedrático Dr. Moisés Canle e está formado polo mesmo e os profesores Ricardo Garcia Mira e F. Javier Sanz Larruga, actuando de Secretario o Director de I+D+i de EMALCSA, Ricardo Vázquez.
Comeza agora a fase de avaliación en base aos criterios establecidos polo tribunal e que durará aproximadamente un mes, esperando poder emitir un ditame a finais de marzo do presente ano.