A rede Novedar pon en marcha o primeiro Simposio especializado na eliminación de microcontaminantes emerxentes para o 13 e 14 de xuño de 2019 en Santiago de Compostela (Mosteiro San Martín Pinario). A actividade, de dous días de duración dirixido a persoal de universidade, empresa e administración a nivel nacional, aspira a ser un foro de debate no que prime o espazo para o diálogo por encima das exposicións.
O grupo React! da UDC, que leva colaborando varios anos con EMALCSA no marco das actuacións do Plan Gleon, vinculadas á Cátedra EMALCSA-UDC, estará presente no Simposio, cun traballo sobre a detección de substancias orgánicas persistentes en augas naturais e posibles estratexias para a súa eliminación.
Mostraranse algúns resultados das substancias que están presentes como consecuencia da presión humana, nas augas naturais e expoñeranse resultados dunha tecnoloxía química moi prometedora desenvolta por ” React!” para a súa eliminación. Espérase que futuros desenvolvementos e melloras nesta tecnoloxía, sobre a que se traballa actualmente, permitan nun futuro próximo desenvolvementos que posibiliten garantir a eliminación de substancias como estas a escala industrial, o que permitiría tamén a súa comercialización.
Máis información e inscripcions en: Simposio especializado en la eliminación de microcontaminantes emergentes.